|
 
Embarcando nunha das lanchas de pasaxeiros que parten ó longo do día do peirao de Coruxeiras, en Ferrol Vello, pódese realizar unha curta e
prancenteira viaxe que se mantén de maneira tradicional neses pequenos vapores dende principios deste século. No verán, o servicio marítimo amplía o seu camiño da ponte das Pías á entrada da ría. Xa na outra beira da ría, na pintoresca vila mariñeira de Mugardos, mentres se camiña ó longo do seu paseo marítimo, pódense contemplar aínda as típicas vivendas de pescadores con fermosas varandas de madeira. Despois é o momento de saborear nas tabernas do porto unha singular especialidade gastronómica, o polbo á mugardesa.

O camiñante pode continuar pola enseada de O Baño ata chegar ó
castelo da Palma, unha emblemática
defensa militar do contorno
marítimo
de Ferrol, que xunto ó de San Martín,
hoxe desaparecido, e o de San Felipe,
na outra beira do litoral, protexían
dende o séc. XVI a cidade dos ataques
inimigos. Na actualidade nada se
conserva da primeira das fortificacións.
A última reforma data de meados
do séc. XVII. Despois da Guerra Civil española foi convertido en prisión
militar e hoxe está fóra de servicio.

Máis información na páxina web do Concello de Ferrol:
www.ferrol-concello.es |