Poteira Films

 

 

  Fai clic para ver en detalle

Na primeira edición do festival “A todo filispín” en Ferrol leváronse adiante unhas xornadas audiovisuais coa realización da coñecida empresa “Productora Morta S.L.”, afincada en Santiago de Compostela., coa denominación de Mostra audiovisual “Poteira Films”,que consistiu na proxección dunha selección de curtametraxes galegas, nacionais e outras das escolas de Berlín e de Polonia. Os espacios elixidos foron os locais de asociacións culturais e a sala do Ateneo Ferrolán.
Foi tan boa a acollida por parte do público, que non está acostumbrado a disfrutar destes traballos audiovisuais coms os residentes en cidades galegas máis grandes, que decidimos incluir dentro das actividades paralelas dos nosos eventos, unha amplia selección dos mellores curtas do audiovisual galego e nacional e proxectalos en plazas e locais en cada Concello.
Na selección que temos contamos con 100 curtas aproximadamente, de distintos estilos: drama, comedia, musical, gore, etc. cos permisos de emisión correspondentes. Deles eliximos un número fixo de 30 curtas que levaríamos a todolos concertos e algunha outra das 70 restantes.
Nos festivais de dous días faremos talleres do audiovisual…….”fai o túa propia curta” poñendo ó alcance de calqueira, as líneas básicas deste traballo cinematográfico.
As proxeccións faranse nos días previos ó festival musical, e como xa dixemos, en asociacións culturais e prazas públicas en acordo co Concello.
Isto permitenos publicitar máis, se cabe, o noso evento , así como promocionar ós nosos patrocinadores máis importantes, xa sexa coa emisión dos seus propios anuncios ou ben dos seus logotipos e mensajes. Igualmente, na pantalla do escenario do festival repetiríamos estas accións nos cambios de artista.

Mércores 27 Xullo, Pub Manchita Cosa ás 21:30 h.
C/ Magdalena 138, baixo.                    

"DE TRIPAS CORAZON" (animación-psicodélia).
De Juan Pablo Echeverry.
As sensacións que se viven no interior dun ser humano poden levar a loucura.

"EL ABISMO" (ficción-drama)
De Mario Iglesias.
Un home de mediana idade introducese só nun bar cheo de "tipos duros" coa consecuente tensión.

"LOS VAMPIROS DE LA CIUDAD DE PIEDRA" (ficción-falso documental)
De Román Gutiérrez e Gael Herrera.
Un historiador, un psicólogo e un ex-vampiro son o nexo de unión de esta fábula sobre a existencia de vampiros na capital galega. Con Kiko Cadaval, Kukas e moitos persoaxes da noite Compostelana.  

"EL DESVAN" (animación-suspense)
De José Corral..
Nun desván un vello paiaso de xoguete namórase dunha boneca . Premio Art futura a millor animación

"GLOBO" (ficción-terror)
De Jose Diaz.
Un home atrapado nun espacio cerrado vese sorprendido pola aparición dun globo vermello que non deixa de crecer.

"EL CICLO" (ficción-terror)
De Victor García.
Na oscuridade dun sótano, un home espido dispara contra unha bolsa negra nunha bañeira...

"EL TREN DE LA BRUJA" (ficción-suspense)
De Koldo Serra.
Inquedante thriller de terror psicolóxico. Melié de oro de curtametraxe fantástico.

Xoves 28 de Xullo, Cafetería Rompeolas ás 21:30 h.
C/ María 4, baixo.                 

"LA SIMETRIA" (ficción-comedia)
De Julio Wallovits.
Dous homes unidos pola infidelidade dunha muller atópanse nunha habitación de hotel para buscar unha solución "simétrica" ó seu problema.

"DERRADEIRO GROLO" (ficción-drama)
De Olaia Piñeiro.
Un vello taberneiro negase a cerrar o seu bar. Péchase nel e carga a súa escopeta á espera de que veña a policia a botalo.
Curtametraxe galega con dous coñecidos actores de protagonistas: Saturnino Garcia e Celso Bugallo.
Premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe.

"DE DONDE EL VIENTO SOPLA" (animación-drama)
De Gerardo de la Fuente.
Conto fantástico de inspiracións froidianas. Reflexión en animación sobre a soedade do individuo.

"RUNNING" (ficción-comedia)
A vidad diaria podese converter nun videoxogo.

"DOMESTIKA"
De David Duprez.
Psicodelia e F/X para unha curtametraxe que explora as novas e melloras técnicas dixitais.

"RECURSOS HUMANOS" (ficción-drama)
De José Javier Rodríguez Melcón.
A tensa entrevista que ten que pasar unha muller para poder acceder un posto de traballo. Tensión e climax garantido.

Venres 29 Xullo, Cervexería MEL ás 21:00 h.
C/ Dolores 54, baixo.                     

"ENCARNA" (animación-comedia)
De Samuel Ortí e Pablo Pellier.
Acidísima comedia sobre unha ama de casa casada cun toreiro e enganchada a unha telenovela que rompe as súas cadeas. Premiada, entre outros, no certame Carevolta de Valencia.

"DIEZ MINUTOS" (ficción-comedia)
De Alberto Ruiz Rojo.
Multipremiada curtametraxe de suspense (Cinema de Roma, Festival de Iberia, Festival de Astorga, Roel de oro de Medina del Campo, Festival Curtocircuito...) sobre as vicisitudes que ten que pasar un usurio dun móbil cunha operadora telefónica.

"7,35 DE LA MAÑANA" (ficción-comedia)
De Nacho Vigalondo.
Mixtura entre musical e comedia subrealista.
Nominada os Oscar 2004.

"MINOTAUROMAQUIA" (animación-aventuras)
De Juan Pablo Echeverry.
Un hipotético viaxe de Pablo Picasso ó labirinto do minotauro da pé a curtametraxe de animación mais premiada do 2004.
Premio Curtocircuito, Goya, Mestre Mateo, etc...

"LO QUE EL OJO NO VE" (ficción-comedia)
De José Braña.
Desternillante fábula sobre o mundo do fútbol de terceira divisón. Con Alex Angulo

"EL BALANCIN DE IVAN" (ficción-drama)
De Dario Stegnayer.
Curta antitotalitaria que se sitúa nos anos da dictadura arxentina. Con Juan Diego Botto.

"LAS SUPER AMIGAS CONTRA EL PROFESOR VINILO"
(ficción-comedia)
De Domingo González Redondo.
Comic de acción e comedia protagonizado por tres rapazas "alter egos" de Los angeles de Charly.

 

 
   

 




Inicio | Programa | Guía Útil | Ferrol Terra | Patrocinadores | + Actividades | Contacto

Organiza Run Rum Axencia
Webmaster Run Rum Axencia 2005