-Poteira Films
-Concertos
|
DATAS: Mércores 27, Xoves 28, Venres 29 e Sábado 30 de Xullo
SAIDAS: Dende o Peirao de Cruxeiras no Ferrol Vello
HORA: Ás 19.30 h.
BARCO: "Villa de Perlío", da empresa Fernández Cabana
COMO VIAXAR: 
Coa entrada comprada do Festival "A TODO FILISPÍN" 2005 podes viaxar neste barco que dando un paseo pola histórica Ría de Ferrol englobada na petición de ser declarada, coa cidade de Ferrol, Patrimonio da Humanidade. Soamente tés que presenta-la entrada ou comprala no mesmo barco.
ITINERARIO:
Partindo do Peirao de Curuxeiras, en pleno centro de Ferrol, bordeando a Ría, ensinando o muelle comercial de Ferrol, pasaríamos polo barrio de A Cabana, despois pola parroquia de
A Graña (cos seus pantalanes deportivos), a Base Naval de A Graña, cos seus peiraos e os seus edificios emblemáticos. Máis adiante, atoparemo-los Montes de Brión, onde houbo a famosa batalla na que expulsamos ós ingleses no S. XVIII.

Chegamos así ó Castelo de San Felipe, antiga prisión militar de suboficiais e un dos valuartes defensivos máis importantes da Ría de Ferrol que xunto co Castelo de A Palma, que ó estar un enfronte do outro, unidos por unha cadea, pechaban a Ría á invasión de barcos inimigos, especialmente ós ingleses.

Deixando atrás o Castelo de San Felipe sairemos ata o novo posto exterior, pedra angular do futuro portuario da comarca. Damos a volta volvendo polo marxe dereito da Ría, topándonos co Castelo de A Palma, que en breves será un hotel de luxo da cadea "Hilton".
Despois aparécenos o fermoso pobo mariñeiro de Mugardos, conocidísmo polo seu polbo á mugardesa, e máis que recomendable coñecelo, dar un paseo polas rúas desta Real Vila. Chegamos ó malecón de Maniños, as instalacións de Reganosa e xa de fronte, os famosos asteleiros do antigo ASTANO. Atopámonos así coa ponte de As Pías, que une os Concellos de Fene e Ferrol, para chegar ó Clube Nautico de Oficiais no Montón, e de ahí ó barrio de Caranza, un dos máis poblados da cidade de Ferrol, con todo o seu paseo marítimo e a súa praia.

Bordeamos todalas instalacións do antigo asteleiro de BAZÁN, hoxe IZAR e pasamos diante dos recintos militares: Escola de Máquinas, Arsenal Militar, as murallas defensivas do Porto de Ferrol e entramos outra vez nos pantalanes deportivos do Porto de Cruxeiras.
Parte de todo este recorrido está en proceso de declaración de Patrimonio da Humanidade: as edificacións militares, os castelos, o Museo Naval, o Barrio da Magdalena... |