|
· Cómo chegar
· Xantar e durmir
· De noite
|
O periplo nocturno comeza arredor das 9 da noite polas rúas do Sol e María cunha variada mostra de mesóns e bares, onde se poden degusta-los viños do país e unha gran variedade de tapas. Unha alternativa a esta zona, é a rúa Nova de Caranza, na que numerosos mesóns ofrecen todo tipo de viños e tapas.
Para os que optan por unhas noites máis tranquilas existe unha grande variedade de cafeterías e locais para disfrutar dunha boa tertulia ou unha boa música nas inmediacións do barrio da Madalena. No verán é de salienta-lo ambiente das terrazas situadas no Porto, nas que ademais de disfrutar da noite pódese aprecia-la beleza do contorno.
Na medianoite comeza o ambiente propiamente nocturno. Numerosos pubs e locais, situados entre a rúa do Sol e a Praza de Amboaxe, ofrecen ós amantes da diversión nocturna dende unha amplia variedade de copas ata a música máis selecta.
A zona do Ensanche conta cunha variedade de locais onde toma-las últimas copas da noite. Por último, e xa para os máis tardíos, a noite pode rematar nas discotecas situadas nos arrabaldos da cidade.
Os máis xoves, en lugar de adentrarse nestas zonas, acoden ó barrio de Esteiro, perto das instalacións do campus universitario. A continuación, as discotecas situadas no centro da cidade son os lugares predilectos destes rapaces.
Ademais da oferta de locais nocturnos no centro da cidade, hai que destaca-la gran variedade de pubs e discotecas situadas a pouca distancia de Ferrol. Este é o caso dos pubs da estrada de Castela e de Valdoviño, no concello limítrofe de Narón.
No verán, a proximidade da cidade a vilas con grande afluencia turística, como Cedeira, Pontedeume ou Ares, leva a que se amplíe notablemente a oferta de locais de ocio.
Máis información na páxina web do Concello de Ferrol:
www.ferrol-concello.es
|
|